31/10/11

A voadora de Serantes


A VOADORA DE SERANTES

Estaba Manuel Páramo botándolle un feixe de herba ás vacas, e a muller apoleirando as galiñas, á caída dunha serán de verán, cando delambos ouviron un asubío mesmo derriba das súas cabezas. Miraron pra o ceo, a ver de ónde viña aquelo, que pasaba de asubío a trono, e viron pasar voando, nunha banqueta, á señora María de Fontes, que era conocida pola Voadora de Serantes, aínda que ninguén sabía de ónde lle viñera o apodo. Pro ben sabía que era acertado, que a señora María voaba. Manuel e a súa muller correron a darlle o parte aos veciños de deloutra banda do río. O señor Bastián de Cosme, liando despacio un cigarro, comentou:
- ¡Non sabía que fose meiga!
E non lle dou importancia ao asunto, recomendándolle a Manuel e maila muller que calasen o conto e non se metesen na vida de naide.
- Cadaquén gaña a vida como pode, sentenciou.

Álvaro Cunqueiro, Os outros feirantes.

No hay comentarios:

LinkWithin