Calamus segue traballando, de xeito virtual, e, como neste curso temos como referente a Odiseo, pareceunos unha boa idea propoñer aos membros do noso club a lectura de As viaxes de Ulises. Por este motivo, nas vindeiras semanas iremos facendo unha serie de preguntas para repasar os nosos coñecementos sobre a obra (personaxes, episodios máis relevantes...)
Estas son as primeiras cuestións:
- Cita o nome de dous personaxes femininos que aparezan na obra.
- Quen eran os lotófagos?
- Quen era Telémaco? E Poseidón?